...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vantaxes dos caixóns intelixentes

Control de efectivo

Os caixóns intelixentes saben en cada momento canto diñeiro efectivo hai en caixa, ademais, saben a distribución de moedas e billetes que temos. Así, non só controlamos o noso efectivo, senón que ademáis podemos establecer políticas eficientes nas devolucións de efectivo de cada compra, asegurándonos de que non vamos a quedarnos sen cambio no momento máis inoportuno. A falta de cambio é un problema que produce retraso na atención ó cliente e xenera estrés nos empleados.

Erros humanos

Todos cometemos erros, os nosos empregados, os nosos clientes e nos mesmos. Os erros ó cobrar e ó realizar as devolucións de efectivo xéranos trastorno, non só na pérdida material de diñeiro. Os erros nas voltas restan confianza no noso equipo de traballo e supoñen ademáis unha experiencia negativa nos nosos clientes. Os caixóns intelixentes non cometen estos erros porque rexístrase a venta polo seu importe, a continuación o cliente ou o empregado introduce o diñeiro no caixón, o cal conta o diñeiro que se introduceu, almacénao y devolve a volta exacta. Todo este proceso contrólase mediante pantallas que van amosando os distintos movementos de diñeiro que se van producindo.

Mellora a seguridade

Un dos principais motivos da creación das caixas rexistradoras foi mellorar a seguridade, é dicir, poñelo máis difícil ós delincuentes, para disuadilos de roubar nos nosos establecimientos. Nos caixóns de efectivo convencionais é necesario abrir a parte onde se atopa o diñeiro para realizar cada transacción, e nese momento os caixóns convencionais son moi vulnerables e os delincuentes só teñen que alargar a man, para levar o fruto do noso traballo.
Polo contrario, os caixóns intelixentes non se abren en cada transacción, e ademais poden traer medidas de retardo de apertura. Estas dúas medidas de seguridade, a non apertura mentres se está atendendo ó público e o retardo programado de cada unha das aperturas do caixón, disuaden ós delincuentes de cometer hurtos nos establecimientos dotados co hardware de caixóns intelixentes. En conclusión cos caixóns intelixentes, aumentamos en gran medida a seguridade do noso negocio, a seguridade dos nosos clientes y a seguridade dos nosos empregados.

Cuadres automáticos

Ó final do día ou de cada turno, hai que facer un cuadre do diñeiro que ingresamos, esto non só leva tempo, senón que ademais está suxeito a posibles erros que dilatarán máis esta importante ainda que tediosa tarea. Cos caixóns intelixentes non é necesario que fagamos ningún cuadre. O cuadre está automatizado e realízase de forma rápida, temos no momento as transaccións realizadas e o diñeiro que ingresamos, non hai lugar a erros humanos. É decir as tareas do back-office están automatizadas e libres de erros humanos. Aforramos tempo nas tareas tediosas e repetitivas e podemos centrarnos noutras máis importantes.

Hixiene

O diñeiro pasa por moitas mans e esto non é hixiénico. A hixiene é fundamental en moitos negocios, especialmente nos dedicados á venta de productos alimenticios, á hostelería, á venta de productos relacionados coa saúde, etc. Cos caixóns intelixentes as persoas que manipulan ó xénero do noso negocio non teñen porqué tocar o diñeiro dos clientes. O cliente introduce o diñeiro no caixón e o caixón en función dos importes e dos tipos de moedas almacenadas devólvelle o cambio de forma exacta. O cliente é consciente de que este tipo de dispositivos melloran a hixiene dos productos que está comprando, e valóraos moi positivamente.

Billetes falsos

En España detéctanse máis de medio millón de billetes falsos ó ano. A falsificación de billetes é unha das máximas preocupacións do Banco de España E do Banco Central Europeo. Cando nos entregan un billete falso non só se están levando o noso producto de forma fraudulenta, senón que ademáis, o ladrón recibe o cambio en billetes e moedas de curso legal. É decir, a pérdida é doble. España é un país xerador e exportador de billetes falsos, co que o problema no noso país é bastante máis grave do que parece. Cun caixón intelixente evitamos o risco de aceptar billetes falsos e axudamos ó resto da sociedade a descubrir e combatir esta lacra.

Menos queixas

Evitando os erros nas devolucións, o problema da hixiene e dos billetes falsos, as queixas dos nosos clientes descenden. Con isto, a súa experiencia nos nosos establecimientos é máis placenteira o que nos aporta un plus frente á nosa competencia. É moi difícil recuperar a confianza dun cliente que perdemos por discrepancias nas voltas de efectivos e é casi imposible recuperalo se ten dúbidas sobre a nosa hixiene no negocio.